Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Suplementos de FARO

A ESCOLA DO FAROPintar outras culturas

Exposicións dos alumnos de Infantil e Primaria do colexio Porto Cabeiro

Alumnos de infantil ante unha das súas exposicións.

Os alumnos do colexio público de Porto Cabeiro, Redondela, fixeron dúas exposición, unha de pintura e outra de construccións feitas con material de refugallo, dentro das actividades organizadas dende a Biblioteca do centro e coa colaboración do Equipo de Normalización Lingüística.

Este ano o colexio traballou no proxecto: "Estación Portocabeiro: unha viaxe polo mundo" que tivo como temática o mundo e as diferentes culturas.

As exposicións do proxecto integraron unha mostra co lema "PIintando outras culturasna nosa cultura", co obxectivo de fomentar a pintura galega.

Dende hai máis de 12 cursos, recuperaron a figura de pintores/as galegos, coñecendo a súa obra e orixe. Co fin de seguir coñecendo aos pintores galegos, este curso fixáronse naqueles que elixiron nalgún momento da súa pintura temáticas relacionadas co proxecto do colexio.

Cada titor/a ou profesor de Plástica elixiu un cadro, coa temática relacionada cos diferentes países do mundo, as súas culturas, tanto para os alumnos de educación Infantil como para os de Primaria.

En educación Infantil de alumnos de 3 anos elexiron "Retrato de Frida Khalo", de Ismael López (México); en Infantil de 4 anos, "París", de Mª Dolores Leal (Francia); en Infantil de 5 anos, "Tres máscaras", de Mary Carmen Calviño (Italia); para Educación Primaria, "Paisaxe nevado", de Alejos (Groenlandia); para 2º de Primaria, "Poema do mar II", de Largo Torres (Xapón); para 3º de Primaria, "Fútbol", de Yolanda Martínez (Brasil); para 4º de Primaria, "Mimosas" ,de Guadalupe Sanjurjo (Australia)para 5º de Primaria,"Pavo real", de Gely Alonso Lorenzo (India), finalmente, para 6º de Primaria elexiro"Nocturno na gran cidade de Nova Iorque", de J. Ramón (EE.UU).

Con estes cadros fixéronse actividades como "Arte xemelga", na que individualmente en Primaria e grupalmente en Infantil faise unha reprodución tomando como modelo o cadro elixido utilizando diferentes técnicas e materiais. En "Historia dun cadro" , os titores e mestres de Plástica explican as características do cadro e, utilizando o ordenador, buscaremos información do seu autor; visionando presentacións xa feitas polo equipo docente Abalar en cursos anteriores, ou elaboradas polo equipo TICS no curso actual.

En "Decorando con arte", montouse unha exposición no centro con todos os cadros. Procuraron, como en anos anteriores, levar unha selección de cadros á Biblioteca Neira Vilas de Vigo e a Biblioteca Pública de Redondela para ser expostos.

Por último, "Imaxina, crea e constrúe" foi unha exposición, en colaboración coas familias, de construcións con materiais de reciclaxe relacionadas coa temática do proxecto: "Estación Portocabeiro: Unha viaxe polo mundo". Este ano crearonconstrucións arquitectónicas típicas dos diferentes países con material de refugallo. Identificarán cada construción co nome en galego.

Compartir el artículo

stats