O alumnado de cuarto de Primaria do CEIP Mestres Goldar de Vigo acadou o segundo premio do concurso "Rumbo ás Illas", convocado polo Centro de Visitantes Cambón e dirixido a nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Despois de asistir , xunto cos compañeiros de terceiro, e implicarse con moito entusiasmo en todas as actividades que lles plantexaron, os arroutados "Rebeldes" aceptaron o reto de elaborar un traballo que recollera os contidos da visita. A proposta era moi acaída ao Proxecto Documental deste curso polo que non dubidaron e puxéronse mans á obra. O resultado foi un precioso e orixinal mural que mereceu un espléndido segundo premio: unha visita guiada ás Illas Cíes.