Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Chans camiña polo galego

Alumnos do colexio de Bembrive percorren a parroquia

Os alumnos do colexio público de Chans Bembrive na súa visita a unha cesteira e a un obradoiro de bolillos.

O CEIP Chans Bembrive realizou unha actividade enmarcada dentro da súa programación co gallo da celebración das letras galegas.

Esta actividade, que se ben realizando todos os anos, ten varios obxectivos: por unha banda, pretende achegar a todo o alumnado á contorna da escola, ao mesmo tempo que achegamos a escola aos veciños e veciñas de Bembrive.

Para elo, todo o alumnado de primaria saíu da escola nunha andaina na que cada curso percorreu un camiño diferente da parroquia de Bembrive. Rematamos todos xuntos no centro de Mosteiro. Deste xeito, cada curso vai coñecendo a contorna da escola ano tras ano dun xeito didáctico visitando fontes, lavadoiros, muíños, o obradoiro dun ferreiro, a senda do río Eifonso, a igrexa de Mosteiro, a Entidade Local Menor e o Centro Cultural.

Tamén temos a sorte de poder visitar casas de veciños que teñen animais, obradoiro de cestería e de encaixe de bolillos e horto, achegando ao alumnado á importancia deste tipo de actividades tradicionais e artesanais.

Por outra banda, outro obxectivo que se pretende con esta actividade é o de fomentar o emprego do galego, a súa valoración e recoñecemento como lingua propia. Durante toda a semana todo o alumnado, dende infantil a 6º de primaria, traballou sobre a vida e obra de Manuel María con diversas actividades.

Este día, no centro de Mosteiro, realizamos un pequeno acto no que se recitaron poemas de Manuel María, se interpretaron algúns dos seus poemas musicados. Rematamos cantando e bailando na nosa lingua.

Compartir el artículo

stats