Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

CEIP CHANS BEMBRIVE

O xornal propio como mellor premio

Este proxecto FARO DA ESCOLA resultou moi positivo tanto para profesorado como para o alumnado do CEIP Chans Bembrive, iniciámonos no entorno periodístico analizando primeiro o xornal coas súas diferentes partes, a continuación pasamos á noticia. Para comezar a escribir era necesario ler moitos artigos e de que partes consta, e saber que información ten que tratar. A seguinte fase consistiu en elixir os temas que trataríamos no noso xornal. O alumnado repartiuse en distintos grupos e cada un dedicouse a unha noticia. Houbo diferentes traballos: entrevistas, reportaxes, investigacións, artigos de opinión, anuncios breves, etc. Despois da elaboración/redacción pasouse á corrección e logo á maquetación. Todo o traballo foi realizado polo alumnado, o profesorado corrixiu e axudou.

Ao principio custou un pouco conseguir chegar a redacción dos textos, ao final conseguírono. En xeral o alumnado estaba entusiasmado, sabía que o resultado final sería plasmar todo o traballo nun xornal propio editado!!!

Foi un traballo moi interesante a nivel didáctico, traballaron en grupo, investigaron, leron moitísimo, cooperaron entre eles, melloraron na escritura e incrementouse o interese pola lectura dun xornal.

Queremos agradecer ao FARO DA ESCOLA que nos dera esta oportunidade de poder realizar o noso propio periódico, e sobre todo que puideramos levar un para cada un!!! Grazas.

Compartir el artículo

stats