Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

CEIP COUTADA BEADE

Estratexias de redacción

O Colexio Coutada Beade acadou o 3º premio como mellor xornal. R. Grobas

A participación nesta experiencia por parte das dúas aulas de quinto de primaria do Ceip Coutada-Beade foi motivada polo atractivo da proposta de Faro da Escola, e o convencemento de que a través dela poderíase abordar cuestións de interese no traballo de aula como as dificultades de redacción, de expresar unha idea por escrito, da incapacidade de contar brevemente unha película, etc.

Xa iniciados no proxecto, comezamos adicándolle algunhas horas semanais das áreas de galego e castelán. O primeiro que fixemos foi coller distintos xornais, analizar as seccións, as fotografías, os pés de páxina, onde se situaban as noticias pola sua relevancia, as entrevistas e o seu formato. Comezamos a facer titulares e resumos de traballos que xurdían no centro, a formular preguntas que non fosen pechadas, a preparar algunha entrevista. Cada vez que íamos a unha saída recolliamos textos e fotos para redactar ao día seguinte a información correspondente. Aproveitabamos tamén as visitas externas e contactos proporcionados polos alumnos para identificar persoas susceptibles de seren entrevistadas. Pero o noso xornal, basicamente tocou temas relevantes para o centro e temas relacionados con Beade, tratouse dun xornal local, de interese para o pobo.

As propostas das noticias eran un traballo diario na clase, dándolles liberdade aos nenos na elección dos temas e na redación. Unha vez rematada viña o proceso de revisión, pulir frases, corrección, onde basicamente as mestras eran guías do traballo de ahí que nun inicio este proceso fose moi dificultoso para os nenos, pero a medida que o proxecto avanzaba foron acadando autonomía con resultados moi notables.

A nivel curricular valoramos este proxecto porque propicia que o alumnado adquira progresivamente estratexias de redacción, expresión, a búsqueda de información, o traballo en equipo, a entender que o que escriben é para un lector que non coñece a noticia, a non obviar a información para que o lector poida ter todos os datos, ser capaces de sintetizar a información para as primeiras liñas da noticia, ser capaces de dar un titular, un subtitular... Incidimos especialmente en todos aqueles aspectos que máis lles custa aos nosos alumnos e alumnas, porque están máis familiarizados a someterse a un libro que a unha aprendizaxe autónoma e de creación.

Entre os beneficios engadidos non se pode esquecer o manexo das tecnoloxías da información e comunicación a través dos procesos de maquetación co programa Scribus. Facer este xornal custou moito esforzo, traballo e dedicación por parte de todos, pero a satisfación, o resultado e a aprendizaxe acadada foron moi grandes.

Trátase dunha experiencia sen dúbida para repetir.

Compartir el artículo

stats