Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Preto de 600 colexios na rede de bibliotecas escolares

O conselleiro de Cultura, Educación, Román Rodríguez, gabou o traballo que desenvolve a Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, pois é unha "referencia para o conxunto dos centros educativos galegos, unha referencia a nivel estatal e unha referencia europea". Así o subliñou nos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE) 2015/2016, onde lembrou os diferentes recoñecementos colleitados polas bibliotecas con PLAMBE ao longo destes anos, tanto no resto de España como alén das nosas fronteiras.

De feito, esta xuntanza pretende fomentar un espazo de debate e intercambio de ideas e experiencias arredor dos ámbitos de actuación da biblioteca escolar, a lectura, a información e a aprendizaxe. Este ano acudiron 145 responsables de bibliotecas integradas no programa, así como representantes da totalidade de centros que compoñen a Rede.

En concreto, este curso hai xa 575 centros educativos adheridos, unha cifra que proba -en palabras do conselleiro- que a Rede "se fortalece, sumando tanto centros como proxectos educativos". De feito, e ademais de invitar á reflexión conxunta, nestes encontros tamén se presentan varios dos traballos galardoados no II Concurso de Traballos por Proxecto, coordinados ou apoiados desde a biblioteca escolar.

Lectura e innovación

Segundo as cifras do curso pasado, no 94% dos centros PLAMBE, o alumnado fai uso cotián da biblioteca para potenciar a súa aprendizaxe. Ademais, no 91% están integradas as TICs nas diferentes actividades, no 84% dedícase un tempo específico para a lectura en horario lectivo (denominado 'hora de ler') e no 81% promóvense proxectos de innovación educativa. A maiores, estes espazos fomentan a implicación das familias.

Compartir el artículo

stats