Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Alimentos e dietas saudables

O colexio Amor de Dios adica a Semana da Ciencia á seguridade alimentaria e nutricional

Nenos de Infantil ante a pirámide dos alimentos.

O Departamento de Ciencias do Colexio Amor de Dios de Vigo decidiu adicar a Semana da Ciencia á alimentación, convencidos de que "a relación co entorno social, económico e cultural", así como a "formación no respecto e defensa do medio ambiente" constitúe un dos principios que guía a nosa actividade educativa. Tomouse como referencia a declaración da Asemblea das Nacións Unidas do 2016 como o Ano Internacional dos Legumes.

A educación formal constitúe un marco estruturado que ofrece oportunidades para unha aprendizaxe progresiva, que non é posible garantir noutros contextos. A formación ambiental dos alumnos non so é crucial polo que significará de mellora no futuro, senón tamén pola importante influencia que exercen sobre os seus familiares e adultos próximos no presente. Neste sentido, teñen especial interese as iniciativas educativas que, polo seu carácter exemplarizante e dinamizador no seu ámbito local, inciden máis alá das propias aulas.

Tratouse nesta décimosexta edición da Semana da Ciencia de presentarlles aos alumnos un programa de actividades paralelas o suficientemente rechamante como para que tomasen conciencia do importante papel da produción sostible de alimentos e das dietas saudables, e a súa contribución á seguridade alimentaria e nutricional, apreciada dende diferentes ópticas.

Os obxectivos foron facilitar dende unha aproximación global e interdisciplinar, a comprensión das complexas interaccións entre sociedade e ambiente; analizar críticamente os problemas medioambientais e a súa relación cos modelos de xestión e accións humanas e fomentar o compromiso para contribuír ao cambio social e cultural, a partir dun amplo abano de valores, actitudes e habilidades que permita a cada alumno formarse criterios propios, asumir responsabilidades e desempeñar un papel construtivo. Tamén se pretendeu crear referencias éticas de respecto ao entorno e un sentimento de responsabilidade compartida sobre o seu estado, dende o local ao global; xerar nos alumnos conciencia da súa capacidade para intervir na resolución de problemas, amosando e axudando a construír alternativas de acción positiva; contribuír a que o alumnado sexa capaz de analizar, interpretar e valorar dita información, promovendo un pensamento crítico e innovador, que cuestione, de forma construtiva, os hábitos e estruturas vixentes e, por último, fomentar a motivación e os cauces para a participación activa das persoas e grupos nos asuntos colectivos e potenciar o sentido da responsabilidade compartida cara ao entorno.

As actividades que se propuxeron abranguen dende a etapa infantil ata o bacharelato e adecúaronse aos niveis e as necesidades educativas que cada momento e nivel require. A conferencia do doutor Xulio Fernández, co tema "A globalización e o cubo de Rubik", inauguraba a Semana da Ciencia. Logo conferencias como "Obesidade e dieta equilibrada", "Como, logo existo", "A importancia da nutrición infantil", "Moléculas: esquerdas, dereitas€Importa?", "O presente e o futuro da programación, a robótica e a impresión 3D", "Alimentación e hábitos saudables nas redes sociais", "O cinturón de Kuiper e a nube de Oort" ou "COCIÑAconCIENCIA" animaron aos rapaces nese percorrido de concienciación cara á preservar o medio ambiente e adquisición de hábitos persoais, sen esquecer que a cultura científica está na base do nosa vida cotiá nunha porcentaxe superior á que pensamos.

As saídas ao porto pesqueiro; ás facultades e laboratorios da Universidade de Vigo; ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo; á conserveira "Grandes Hoteles" do grupo Thenaisie Provote no Grove; á Domus, Oceoanográfico e Planetario da Coruña; ao Museo do Mar; a unha pescadería ou a granxa-escola El Kiriko completaron a Semana e fixeron que os nosos alumnos se nutriran da Ciencia.

Tamén causou gran emoción entre os pequenos a peza teatral "As cuentíficas en: Máisquechef" a cargo das profesoras Bisturín e Yeringuilla da Universidade de Maschuches desta vez experimentado na cociña.

A valoración da XVI Semana da Ciencia 2016 foi moi positiva tanto por parte do alumnado, que en todo momento vimos interesado naquelas actividades que se lle presentaron, como por parte do profesorado que percibiu tal aceptación e que agarda seguir co obxectivo de transmitir a importancia de perservar o medio ambiente, a través dun desenvolvemento sostible e saudable, apuntan os responsables da Semana da Ciencia do colexio Amor de Dios.

Compartir el artículo

stats