Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Andersen pola Paz

O lema do colexio foi "Pensa global, actúa local"

Os alumnos do colexio Andersen celebran o Día da Paz.

O Colexio Andersen abordou o Día da Paz dende a perspectiva "Pensa global, actúa local" dándolle importancia aos pequenos actos que cadaquén pode facer para contribuír na mellora da convivencia na escola. As actividades que se realizaron nas aulas foron da man do traballo que se levou a cabo pola departamento de biblioteca: Partiron do conto "El hombrecillo de papel" no cal se tratan diversos valores, como a amizade. Os bibliotecarios, alumnos de 6º EP, representaron aos cursos inferiores unha sesión de contacontos. Despois, cada curso de Primaria creou o seu propio "Hombrecillo de Papel, onde poideron reflectir todas as súas ideas para poder facer do colexio, un lugar o máis agradable posible.As mensaxes máis suliñables foron lidas polos seus autores. Os alumnos de 4º da ESO fixeron unha actuación musical e os demais nenos e nenas do colexio cantaron moitas cancións sobre a paz. Como acto final saltamos as pombas mensaxeiras da paz.

Compartir el artículo

stats