Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A Guarda colle as súas mans

Acto conxunto dos centros escolares guardeses

Imaxes da celebración do día escolar da Paz de alumnos dos nove centros educativos do concello de A Guarda no exterior do Centro Cultural Guardés.

Todos os centros educativos da Guarda reuníronse nos xardíns do Centro Cultural Guardés, para conmemorar o Día da Paz. Unha representación de 50 alumnos por cada centro, cun total superior aos 400 participantes, realizaron a gravación dun "lip dub" (baile conxunto), para chamar a atención sobre o desexo de todos os alumnos do Concello guardés de que o mundo sexa un lugar sen conflitos armados. Como colofón se realizou un discurso composto por frases elaboradas polos propios rapaces, e un baile final todos reunidos.

As frases dos rapaces foron: "No hay caminos para la paz. La paz es el camino", "Soltar a túa arma, colle a súa man", "The peace begins with a smile", "A Educación é a ferramenta máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo", "No importa la raza, no importa el color, importan las personas", "El amor y la vida son la esperanza de todos los días", "A paz comeza cun sorriso por iso somos unha espiral de alegría", "Que días coma hoxe nos fagan ser mellores persoas"... Participaron a Escola Infantil Municipal, Colexio San José (Carmelitas),CEIP Plurilingüe As Solanas, CEIP Manuel Rodríguez Sinde, IES Sangriña, Colexio PP. Somascos, EEI A Gándara, CEIP Sangriña e a Asociación San Xerome Emiliani.

Compartir el artículo

stats