Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Atención educativa para alumnos que non poden acudir á escola

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de pechar o Protocolo de Atención Educativa Domiciliaria, que a partires de agora se converte no documento marco de referencia para dar unha resposta educativa áxil e axeitada a aqueles rapaces e rapazas que por prescrición médica -debido a enfermidade ou lesión- non poidan asistir con regularidade ao centro docente no que están escolarizados, durante un período prolongado de tempo.

O documento -que xa está dispoñible no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/atencion_educativa_domiciliaria_v2.pdf - articúlase en catro piares básicos, que son a garantía na asignación dos medios necesarios para atender todos os casos que se produzan, a incorporación de recursos tecnolóxicos, o reforzo da coordinación entre Educación e Sanidade e a articulación de accións específicas de formación do profesorado

Con este Protocolo, o Goberno galego blinda todos os recursos humanos e materiais para atender todos e cada un dos casos de nenos e nenas nesta situación que poidan producirse durante o curso escolar.

En segundo lugar achegarase a innovación educativa ao domicilio a través dunha liña específica de educación dixital con ferramentas acordes á idade, ao nivel educativo e ao estado físico de cada neno, que son útiles para o propio alumno como para o profesor á hora de facer un seguimento académico. Nesta liña, facilitaranse ás familias nesta situación todos os medios precisos, de xeito que ningún neno ou nena nesta situación se quede sen ordenador e conexión a internet e que, no caso dos que dispoñan de Abalar no seu centro, poidan traballar desde o seu domicilio.

Compartir el artículo

stats