Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A ESCOLA DO FAROContra a violencia de xénero

Os alumnos do colexio de Porto Cabeiro de Redondela elaboran lazos solidarios, decoran o centro e len contos para concienciar na igualdade

Traballos de manualidades e poesías en contra da violencia de xénero no colexio de Porto Cabeiro.

O CEIP de Porto Cabeiro, no concello de Redondela, mostrou un rexeitamento contundente contra a violencia de xénero. "É moi importante que a escola como institución colaboradora da educación dos nenos e nenas, xa dende idades temperás, transmita valores, esperte o espíritu crítico e promova actitudes positivas de cara ás relacións entre as persoas, sexan homes ou mulleres, nenos ou nenas", suliñan dende o colexio redondelán.

Co obxectivo de traballar a celebración do Dia Internacional contra a Violencia de Xénero, no CEIP Porto Cabeiro desenvolvéronse unha serie de actividades das cales os nenos/as foron os principais protagonistas:

Os escolares traballaron na elaboración dun lazo de grandes dimensións coas pegadas de todo o alumnado do centro. Elaboraron un manifesto poético ilustrado por parte de alumnos/as de primaria e prepararon uns lazos solidarios violetas pequenos para que os nenos/as os levasen postos para casa. Tamén se decoraron as portas das aulas con manifestos relacionados coa non violencia.

Na materia de Valores (en Primaria) adicouse unha das sesións á igualdade entre as persoas. Por último, déuse lectura e visionado de diferentes contos relacionados coa coeducación, igualdade de xénero, reparto de tarefas, etc€ como son: "Rosa Caramelo", "Artur e Clementina" (en Infantil), "Vanesa non quere ser princesa", "Una feliz catástrofe", etc€

Compartir el artículo

stats