Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Magosto en Ponteareas

O CEIP Nosa Señora dos Remedios celebra o Samaín con festa e unha exposición de cabazas

Imaxe dos disfraces dos alumnos ponteareanos.

O colexio público Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas celebrou a semana do 26 ao 29 de outubro a festa do Samaín- Halloween no centro escolar cunha exposición de cabazas e outras criaturas terroríficas, feitas polos alumnos e alumnas coa axuda dos seus pais e nais.

Os pais e nais puideron entrar a visitar as terroríficas manualidades colocadas polos corredores do colexio ponteareano.

Para rematar, o xoves 29 celebraron tamén un Magosto, no que participou todo o alumnado e profesorado.

Este curso o alumnado e profesorado do colexio non poideron facer unha fogueira con bullo e con castañas, ao xeito tradicional, xa que o tempo non acompañou. Cociñaronas en asadores e os rapaces e rapazas construíron caixiñas e cucuruchos para recollelas.

Compartir el artículo

stats