Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cestos de outono no CEIP Serra de Vincios

Os artísticos cestos de outono.

Un ano máis no Ceip Serra Vincios conmemoraron o Samaín, tan arraigado na cultura galega, realizando diversas actividades entre as que destacaron a exposición de cestas con froitos do outono, elaboradas polas familias dos nenos e nenas do centro. O seu entusiasmo e creatividade sorprenden ano tras ano enchendo o colexio coas cores e aromas desta estación. A participación de cativos e adultos na elaboración destes "centros" contribúen a afianzar lazos entre diferentes xeracións sen esquecer certos valores culturais.

Outra das actividades foi a presentación das cabazas que cada ano se decoran tendo como referente o proxecto temático do centro, este curso 2015/16 adicado a "Inventos e Experimentos". Esta pequena atracción radica no emprego das cabazas para ambientar e decorar un escenario , que este ano será un laboratorio moi terrorífico. Todo este rebumbio está amenizado polo "Tenderete" que os nenos de 5º e 6º de EP montan e xestionan co fin de costear a saída de fin de curso, os doces que están a ventan son elaborados polas familias; nenos, mestres e pais poden endozar os momentos da xornada e pasar un momento moi gustoso. Este enmarque representa ademais da tarefa realizada coas cabazas,as cestas e os doces, a ilusión coa que viven os cativos ao compartir diferentes vivenzas da mesma actividade.

Compartir el artículo

stats