Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Premio para o CEIP O Pombal

O colexio vigués gaña o Antonio Fraguas na categoría de Primaria con "Lavadores, pasado e presente da nosa parroquia"

Un dos murais do traballo do colexio

O colexio público O Pombal de Vigo recibiu o galardón da IX edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas na modalidade de ensino primario polo traballo "Lavadores, pasado e presente da nosa parroquia".

O xurado do premio destacou o esforzo por situar o alumnado dentro da memoria local do seu contorno máis inmediato, con especialidades históricas propias e polo subxacente esforzo de re-galizar a comunidade escolar mediante un proxecto didáctico multidisciplinar.

O proxecto Didáctico Antonio Fraguas conta co apoio da Secretaria Xeral de Política Lingüística e vén de ser recoñecido pola Consellería de Cultura , Educación e Ordenación Universitaria como proxecto de innovación educativa.

O traballo

O obxectivo principal deste proxecto foi dar a coñecer á Comunidade Educativa a orixe do Concello de Lavadores e os seus elementos etnográficos máis salientables.

"Procuramos estimular no alumnado o interese por coñecer e descubrir o barrio, as fontes, os lavadoiros, e a orixe do nome das rúas onde viven", sinalan os responsables do traballo.

Os autores do traballo etnográfico realizaron unha serie de actividades que tiveron como protagonista á comunidade educativa . Realizáronse enquisas ás familias para saber o grao de coñecemento que tiñan do barrio. Tamén se organizou o concurso fotográfico " Sabes onde estou? No Nadal recibiron no colexio a actuación dos xubilados de "Vila Galicia" (Asociación dos xubilados de Vila Galicia, da parroquia viguesa de Cabral).

En canto ás actividades desenvolvidas co alumnado, se organizaron actuacións relacionadas coa toponimia: muíños e elementos etnográficos, horreos, petos das ánimas e lavadoiros .

Tamén se fixo un estudio sobre o ecosistema do río Lagares. Tamén se traballou nas aulas sobre a orixe e ahistoria do xa desaparecido Concello de Lavadores. O alumnado elaborou unha "liña do tempo", cun mural comparativo da historia dende a prehistoria ata o século XXI dende Europa,España,Galiza,Vigo e Lavadores.

Outra parte do traballo etnográfico centróuse nos músicos da zona e elaborouse un traballo sobre o grupo "Os Morenos de Lavadores". O colexio organizou unha semana cultural con charlas coloquio de avós e avoas da parroquia.

A visita á zona máis rural e ás rúas do barrio, centrou outra das actividades do alumnado de Primaria do colexio vigués. E para rematar, os alumnos visitaron o Pazo de Rivera Atienza e a Igrexa de Santa Cristina de Lavadores, de orixe románico.

A exposición do proxecto "Lavadores, pasado e presente da nosa parroquia", estará aberta ata o vindeiro día 15 de novembro nas instalacións do Museo do Pobo galego, en Santiago de Compostela.

Compartir el artículo

stats