Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Galicia lidera un proxecto de mellora das competencias docentes

A iniciativa enmárcase no programa Erasmus +

O Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de ser escollido polo Ministerio do ramo e polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación para coordinar un proxecto internacional denominado 'Marco Común de Competencias Profesionais Docentes'. Cun financiamento europeo de 208.890 euros, a iniciativa enmárcase no programa Erasmus+ e conta cun amplo grupo de socios internacionais e estatais, compostos por universidades, centros de formación públicos e privados, entes lexisladores... de Escocia, Austria, Lituania, Portugal, e Castela e León; o que garante unha difusión e implantación a nivel europeo fiable e sostible.

O proxecto parte dun modelo de Competencias Profesionais Docentes elaborado polo CAFI xunto coa Consejería de Educación de Castela e León, unha iniciativa pioneira dentro do Estado español, que foi presentado xunto co Plan Anual de Formación 2015/2016. A partires desta base, durante 3 anos avanzarase na preparación dun Marco Común de Competencias Profesionais Docentes sobre o que construír os procesos formativos e de desenvolvemento profesional de educadoras e educadores nos diferentes sistemas educativos dos países socios.

Calidade do sistema

A iniciativa nace da constatación de que a calidade dun sistema educativo depende da calidade do seu profesorado e, polo tanto, da súa formación continuada. Para iso, é preciso definir os perfís profesionais e itinerarios que conduzan á mellora constante nas competencias esixibles e permitan unha formación global dos docentes.

Compartir el artículo

stats