Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Diversión no CEIP Humberto Juanes

Os alumnos participaron nuhas actividades de estimulación sensorial tanto nas aulas como en grupos con colectivos de discapacitados

Unha alumna comproba como se desplazan os invidentes axudados do seu bastón.

O colexio pùblico Humberto Juanes do concello de Nigrán organizou diversas actividades no centro con todo o alumnado e con determinados colectivos que traballan conpersoas con diversidade funcional. A escola estivo ambientada na procura da estimulación sensorial dos nenos e nenas. Realizáronse actividades de aula e grupais onde o alumnado viviu o diferentes que todos e todas somos e a importancia de pór en valor as características e posibilidades de cada quen. Estas actividades estendéronse ó longo dunha semana impregnando cada recuncho e actividade docente e discente. Para as actividades contaron coa inestimable colaboración da ONCE, APAMP, Igualarte, Centro de E.E "Juan María" e coa participación de moitos dos seus alumnos e alumnas así como os seus mestres e mestras.

Marián da ONCE trasladou a todo o alumnado participante a importancia e a maxia dos sentidos con material da propia institución. Os compañeiros e compañeiras de APAMP e os seus adestradores deixaron abraiados ós nenos e nenas co seu espírito deportivo e de superación.

Mozos e mozas de Igualarte e os seus mestres, co seu bo facer musical fixéronnos cantar e beillar no auditorio do Concello. A pintora Lourdes dende o CEE Juan María, xunto con outros compañeiros e mestras, déronnos unha clase de arte inesquecible. Finalmente todo o alumnado puxo a súa sinaturacomprometéndose co respecto á diversidade.

Compartir el artículo

stats