Un grupo de estudiantes do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Buenos Aires estiveron realizando unha viaxe de estudos á Comunidade durante a segunda quincena deste mes de setembro..
O alumnado deste instituto arxentino visitou, dentro da súa xira por terras galegas, a sede do Parlamento de Galicia. Durante a visita á Cámara lexislativa galega foron recibidos pola presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, que lles explicou o funcionamento do Lexislativo autonómico, ao tempo que os animou en afondar no coñecemento das institucións que sustentan o autogoberno da Comunidade Autónoma.
Os participantes nesta iniciativa tamén efectuaron unha visita guiada ao Pazo do Hórreo, onde tiveron ocasión de coñecer as diferentes dependencias do Parlamento de Galicia. A ducia de alumnos estiveron acompañados por unha das súas profesoras durante a visita ao Parlamento galego e durante esta viaxe de estudos que resoltou un éxito para coñecer a situación e a paisaxe da comunidade galega, terra donde teñen as súas raíces as súas familias que viven hoxe na Arxentina.