Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Agadana, 20 anos de traballo ecolóxico

Horta escolar no colexio da Compañía de María

Traballos dos alumnos na horta escolar do colexio.

Agadana, o grupo ecolóxico escolar do Colexio Compañía de María de Vigo, cumpre 20 anos. Desde que se fundou no curso 1994-95, o seu labor estivo sempre adicado á concienciación medioambiental de toda a comunidade educativa. "Hoxe, máis que nunca, é vital o compromiso de todos e cada un de nós para conservar e mellorar o noso planeta", aseguran os seus responsables. Agadana traballa arreo para ensinar aos rapaces a respectar a Terra que lles dá de comer e que o fai de moitas formas. Unha delas é o traballo na horta escolar, facendo primeiro os sementeiros e logo trasplantando na terra. Outra é a de reciclaxe todo o ano, de papel, tapóns, plástico, etc. Unha boa mostra desta reciclaxe recolléuse na exposición de fin de curso Expoagadana 2015, onde todos os traballos de todos os alumnos desde educación infantil, pasando por primaria, ESO e bacharelato, estiveron presentes.

Agadana celebra o seu vixésimo aniversario cunha horta escolar que xa ten 7 anos de vida e cunha exposición, ademais de todas as actividades desenvolvidas durante o curso escolar, como por exemplo, charlas de reciclaxe a cargo de expertos de Sogama, sobre a lota contra os incendios forestais da man do SEPRONA, o Magosto Ecolóxico, a participación en diversos concursos como "O monte é a nosa vida", "Ciencia que conta", "Clases sen fume", etc.

Todos os traballos pódense consultar no blog: agadana.blogspot.com.es

Compartir el artículo

stats