Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ciencia no Amor de Dios

O colexio vigués adica dúas semanas á conferencias, representacións teatrais, prácticas de laboratorio e visitas

Imaxe das actividades nas aulas e no laboratorio.

Os rapaces e rapazas do Colexio Amor de Dios de Vigo tiveron, un ano máis a oportunidade de gozar da Ciencia e coa Ciencia. Os responsables do colexio organizaron actividades relacionadas co feito científico que ao longo de dúas semanas introduciron ao alumnado en saberes fascinantes.

Unha mesa redonda coa doutora Ana Ulla, astrofísica e profesora da Universidade de Vigo acerca do filme "Interestelar" supuxo a inauguración oficial da décimo quinta edición da Semana da Ciencia. En días sucesivos, celebráronse conferencias como "A vida, o mellor agasallo", impartida por membros da coordinadora de transplantes de Galicia; "Sistema cardiovascular: alternativas de adestramentos", ofrecida por Victoria Vázquez, Licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte; "Termografía e robótica", a cargo do doutor Ignacio Armesto, profesor de Enxeñería de Sistemas e Automática da Universidade de Vigo; "Análise mediante bioindicadores", impartida por María Fuencisla, Vicedecana da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo ou "Separemos ben, reciclemos mellor" foron enchendo as horas lectivas duns alumnos que se mostraron en todo momento interesados nas charlas.

As "profesoras" da Universidade de Maschuches, co seu público.

Ademais participóuse nun programa paralelo de representacións teatrais, a cargo das profesoras da Universidade de Maschuches "Busturín y Yeringuilla" coa peza "As cuentíficas"; prácticas de laboratorio ou visitas fóra do recinto escolar ao Aquarium Finisterrae, Casa das Ciencias e Domus na Coruña (2º ESO), aos laboratorios da Fundación de Xenómica en Santiago guiados polo catedrático de Medicina Legal don Ángel Carracedo (2º Bacharelato), ao Museo do Mar (6º E Primaria), á Factoría de Citröen (2º Bacharelato) ou á granxa-escola El Kiriko e Serantellos (E. Infantil) complementaron unhas semanas nas que non só brillou o faro que presidía a entrada do colexio, senón tamén as facianas dos alumnos que percibiron con admiración e entusiasmo o que os poñentes e especialistas lles transmitían.

O Salón de actos do colexio repleto para asistir ás conferencias.

Compartir el artículo

stats