Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A música tradicional é de novo 're-vista' en Valadares

Marta Quintana e Os Escaravellos abren o Memorial Nazario González 'Moxenas' o vindeiro domingo 4 de marzo

Los miembros de Pelica de Can, uno de los grupos que actuarán en el festival.

Por sexto ano, o Centro Veciñal e Cultural de Valadares promove o festival A música tradicional Re-vista, unha xeira de concertos arredor da música tradicional na honra do mestre gaiteiro e fundador do seu grupo de gaitas, Nazario González 'Moxenas'.

Para lembrar tanto a súa faceta didáctica como a creativa, a entidade convoca a oito artistas e agrupacións que actuarán, de dous en dous, durante os catro domingos de marzo (4, 11, 18 e 25) no auditorio do Pedregal. A entrada será de balde e os concertos darán comezo ás 19.00 horas. a 8 artistas e agrupacións do vizoso panorama galego, que divididos en quendas de dous, vannos a ofrecer, durante os catro domingos do mes de marzo: 4,11,18 e 25 no Auditorio do Pedregal, con entrada de balde, dende as 19,00 horas.

Para organizar o encontro, o centro veciñal conta co apoio da Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes de España (A.I.E.) e do programa Pontegal da Deputación de Pontevedra.

Todos os participantes teñen xa unha traxectoria recoñecida. É o caso da arpista Marta Quintana; o grupo Ardentía, todo un clásico no panorama vigués; ou Pelica de Can, con compoñentes recoñecidos pola súa contribución a evolución de música galega.

Cabe subliñar tamén a presenza de Os Viqueiras, herdeiros dunha saga de gaiteiros moi coñecida en Ordes e arredores, que presentarán o seu último disco. "O resto dos integrantes do cartel teñen un nivel notable e son de moi diversa fasquía -subliñan os organizadores-. Temos seguidores dos gaiteiros tradicionais; amantes das tabernas e dos cantos que nelas se escoitan; unhas cantareiras de Meis ás que lles encantan cantar e rimar coplas populares; e por último, a que agardamos sexa a gran sorpresa desta edición: o grupo dun multiinstrumentista de talento excepcional que se viu dende Venezuela ata Galicia, Vigo en concreto, sen ter raizames de ningún tipo nesta terra, simplemente por amor á súa música popular e á gaita, obtendo no 2017 o título de Grao no Conservatorio Profesional de Música de Vigo".

Primeiro domingo

Na primeira xornada do festival, actuarán Marta Quintana e Os Escaravellos. Quintana, aínda que oriúnda de Pereiras (Mos), é viguesa de adopción, pois se formou como artista na E-Trad con Rodrigo Romaní e leva anos residindo nesta cidade, aínda que tamén estudou música no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela.

Funcionaria de carreira na especialidade de Música, formou parte de reputados coros galegos cos que participou en diversas gravacións discográficas e colaborou con Julio Iglesias en "Mi vida. Grandes éxitos", editado en 1998.

Como arpista e cantante compartiu escea con practicamente todos os artistas mediáticos do país e mesmo acompañou a pintores sobranceiros, sendo tamén lembrada por formar parte do dúo Sete Saias, co que público un disco no 2006 do mesmo nome.

Ten representado tanto a Galicia como a España en prestixiosos festivais de Francia, Paraguay, Italia e Polonia e dado numerosos concertos por toda a nosa terra, tendo a honra de actuar recentemente na inauguración da exposición do Pergamiño Vindel coas Cantigas de Martín Codax.

En canto a súa discografía, autoeditou "Amable" no 2011, no que canta temas tradicionais e tamén da súa autoría. No 2014 compuxo, produciu e editou "Lus", con arranxos de Cuchus Pimentel e letras inspiradas nos poemas de Díaz Castro.

Pola súa banda, Os Escaravellos son un grupo de recente formación arredor do Centro Cultural de Beade, froito da casualidade, pois se xuntaron para tocar a un serán en Sabarís e a partir de aí forxaron unha gran amizade que desembocou nun repertorio propio, chantado no folclore tradicional pero composto maiormente por pezas da súa autoría.

O resto de xornadas, actuarán no auditorio do Pedregal O Son das Ondas e Ardentía (día 11); Os Paporrubios e Pelica de Can (día 18); e Madia Leva e Os Viqueiras (día 25).

Compartir el artículo

stats