Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cristian Silva: Da música tradicional galega ao rock e o pop

Cristian Silva.

En "Manual ególatra básico", Cristian Silva fixo unha selección de 20 (+1) pezas de toda a súa traxectoria, incluíndo a primeira que compuxo a modo de xeito simbólico. "Seleccionei temas, principalmente, para un nivel intermedio. Coido que é nese nivel onde se da unha maior carencia de publicacións, xa que hai moitas para xente que está iniciándose na música tradicional e tamén algunhas para aqueles xa especializados", afirma o gaiteiro.

Titulado Superior en Instrumentos da Música Tradicional polo Conservatorio Superior de Música de Vigo, Silva gravou cinco dos vinte temas para o CD que acompaña o libro. "Sendo como é o instrumento galego por antonomasia, penso que debería haber moitas máis publicacións deste tipo, para que a xente que estuda e toca a gaita teña máis repertorio onde escoller á hora de interpretar", apunta.

A selección feita polo gaiteiro condensa a esencia da súa forma de compoñer. "O meu estilo ten unha raíz tradicional pero as harmonías, sobre todo das últimas composicións, son máis actuais, máis pop, por exemplo". Deste xeito, na obra pódense atopar pezas variadas en canto a tons e ritmos, dende muiñeiras, jotas, pasodobles e rumbas até temas máis rockeiros ou mesmo un tango.

As transcricións son para dúo, trío de gaitas e solista e varias delas inclúen os cifrados para ser acompañadas con outro tipo de instrumentación, como piano, acordeón ou guitarra. "Deste xeito facilítase a interpretación e coido que se pode entender mellor a esencia deses temas", explica.

Compartir el artículo

stats