Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xogando tamén se aprende

Xogos populares, actividades lúdicas e aprendizaxe divertido para fomentar o uso do galego no Centro Veciñal de Valladares

Participantes nas actividades lúdicas no centro veciñal de Valladares.

O Centro Veciñal e Cultural de Valladares, como cada ano, está a desenvolver os seus campamentos de verán co fin de fomentar actitudes creativas e innovadoras, apoiar o fomento da inclusión social, o achego ás novas tecnoloxías e, por suposto; dinamizar a lingua galega a través do xogo e as artes.

Ó longo deste mes de agosto estase a traballar o Proxecto " A India" coas crianzas de 3 a 12 anos de idade e a rapazada de máis de 13 o desfruta do "mes de/a okupación moceiril creativa" con obradoiros de iniciación na construción de trebellos electrónicos, iniciación á técnica de animación (stop motion), iniciación a maxia e outras artes circenses e iniciación a cultura Hip- hop ; todos eles complementados con obradoiros prácticos e creativos na natureza, xogos populares, de rol , deportivos e experiencias culinarias.

Durante o mes de xullo, as crianzas participaron no proxecto "Superheroes/heroínas" gozando de actividades tales como: obradoiros artísticos, xogos deportivos e cooperativos, experiencias culinarias, xincanas, andainas pola contorna do centro e incluso a creación do seu propio cómic co fin de fomentar a escrita e lectura en galego.

A asociación ten unha longa traxectoria na promoción do galego, sendo este a lingua vehicular na que se desenvolven tódalas actividades xa que un dos obxectivos é que a rapazada se solte no uso do idioma propio de Galicia incrementando a súa aprendizaxe mediante actividades lúdicas.

Compartir el artículo

stats