Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

VIGO 4 COSTADOSCoruxo se viste de folclore

O evento conta con máis de 30 anos de historia " Este ano participan grupos de Letonia, Martinica e Xeorxia

A Buxaina, durante su actuación en la pasada edición del festival. // Marta G. Brea

O próximo 31 de xullo arrinca o Festival Folclórico Internacional de Coruxo, un evento que ten como obxectivo coñecer o folclore e a cultura de grupos de diferentes partes do mundo a través do seu baile e a súa música, pero tamén pasalo ben. O acto celebrarase no campo do Vao a partir das 21:30, pero a apertura das portas será as 21:00 horas e a entrada será de balde.

Este ano o FIC contará coa visita de grupos chegados de Letonia, Martinica e Xeorxia, ademais da actuación do grupo anfitrión, o Grupo Etnográfico A Buxaina. E é que este encontro étnico e intercultural non sería posible sen o duro traballo das 20 persoas que forman A Buxaina, e que levan camiñado da man máis de 30 anos para que o seu traballo non se limite á posta en escena de pezas da nosa música e baile tradicional, senón que, como grupo etnográfico, ten como obxectivo o estudo e a difusión da cultura galega no máis amplo sentido.

O obxectivo deste evento é coñecer o folclore e a cultura de grupos de diferentes partes do mundo a través do seu baile e da súa música. Mais non acaba aí, A Buxaina conta cunha prometedora canteira de bailaríns e pandereteiras da súa escola infantil, o que supón para A Buxaina o medio para continuar co seu labor de mantemento da cultura galega, botando man das novas xeracións que queiran seguir os seus pasos.

Os grupos invitados

Chegados de Letonia, o grupo folclórico Ritenitis, que foi creado en 1947, mantivo a paixón polo seu folclore, malia que as xeracións de bailadores e directores foron cambiando durante todos estes anos.

Dende Martinica, chega o Ballet Folklorique Kako Dou cunhas actuacións nas que se pode ver as danzas do seu patrimonio cultural, que serán presentadas indicando a súa orixe e historia coa fin de dar a coñecer a mestura de civilizacións que define a esta illa do Caribe Francés.

Para rematar, tamén estará o grupo University, cun espectáculo que conta unha historia continua sobre a aventura, o espírito e o cambio que tivo lugar ao longo da existencia de Xeorxia.

Compartir el artículo

stats