Unha condutora de 41 anos, veciña de Pontedeva, resultou ferida grave nun accidente de tránsito ao se precipitar por un terraplén de dous metros no termo municipal de Padrenda (Ourense), informou o 112.

O suceso produciuse ás 10.26 horas no lugar de Grixo, na estrada de Vilar a Freáns.

A situación en que quedou a muller, co coche envorcado, requiriu da axuda dun equipo de excarceración dos Bombeiros de Celanova.

Segundo a Garda Civil de Tráfico, a ferida non facía uso dos elementos de seguridade.

Segundo informou o 061, a condutora foi trasladada ao Complexo Hospitalario de Ourense con traumatismo nunha perna.