AGENCIAS
A seguridade privada do atunero vasco 'Campolibre Alai', con parte da tripulación galega, rexeitou este luns outro intento de ataque pirata no océano Indico, que supón a oitava ocasión en dúas semanas en que barcos pesqueiros vascos sofren estes incidentes.
Segundo confirmaron fontes de Anabac, a seguridade deste atuneiro pertencente á empresa armadora Echebastar de Bermeo (Vizcaya) impediu a disparos un novo ataque pirata, acontecido a 370 millas das illas Seychelles.
O sufrido polo atunero 'Campolibre Alai' é o terceiro ataque que rexistra esta embarcación. A tripulación galega púxose en contacto coas súas familias para confirmar que se atopan "todos ben", segundo indicaron fontes familiares.
Este domingo produciuse un feito similar contra o 'inter tuna III', tamén evitado polos membros da seguridade privada deste barco vasco.