18 de mayo de 2018
18.05.2018

Día das Letras Galegas | Milleiros de persoas piden poder vivir en galego con "normalidade"

A manifestación de "Queremos Galego" denuncia "un goberno absentista e regresivo contra o idioma que nos une"

18.05.2018 | 07:36
Milleiros de persoas reivindican o galego. // Xoán Álvarez

"Queremos galego no día a día con toda normalidade e naturalidade, se exclusións, coaccións e límites para garantizar o futuro de Galicia". Son verbas do manifesto da plataforma "Queremos galego", que convocou onte en Santiago no Día das Letras a milleiros de persoas (fontes da organización estimáronas nunhas 25.000) que reivindicaron polas rúas da capital galega o uso da lingua propia no "día a día", tendo en conta, como destacan dende a entidade, "os problemas e trabas ás que se teñen que enfrontar".

O portavoz da plataforma, Marcos Maceira, destacou na intervención final o "sobreesforzo" que supón para profesores ou pais,por exemplo, procurar "solucións" diante da "marxinal" oferta de materiais didácticos ou xoguetes en galego, un sobreesforzo que, dixo, "non se lle esixe a ningunha outra lingua oficial".

Afondando nese aspecto, o medio milleiro de asociacións agrupadas baixo o paraugas de "Queremos Galego" denuncian a través do manifesto que "a lingua galega e a sociedade que a mantén viva non pode ficar á intemperie exercendo as responsabilidades dun goberno absentista e regresivo contra o idioma que nos une".

Ao respecto, Maceira acusou ao presidente da Xunta de "renegar" das súas competencias "para se converter nun simple subdelegado do goberno en provincias". Xa antes da marcha indicara que "se o galego está vivo" non é pola acción do Goberno galego, "que parece que vive nun autoimpuesto 155 lingüístico que nega as súas propias competencias a favor da ligua".

Como xa adiantaran, os líderes dos partidos da oposición parlamentaria refrendaron coa súa presenza as reivindicacións, tanto Luís Villares, voceiro de En Marea, como Gonzalo Caballero, secretario xeral dos socialistas galegos ou Ana Pontón, voceira nacional do BNG. O primeiro conminou a superar os "teitos de cristal" que existen na comunidade para o galego, por exemplo no relativo a ensinos científicos nas aulas, mentres o segundo tamén incidiu en que as institucións deben "impulsar" o idioma para que os cidadáns poidan usalo "en igualdade de condicións" con calquera outro. Pola súa banda, Ana Pontón aludiu a como a "política lingüicida da Xunta" sitúa ao galego en posición de perder falantes.

O acto final, conducido pola presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galiza Nieves Rodríguez, contou, entre outros, con Marga Romero, Concha de la Fuente, Anxos Sobriño, Cesáreo Sánchez e Adela Figueroa, que leron o manifesto.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine