As comisións executivas de CC OO de Galicia e a Unión Xeral de Traballadores fixeron pública unha declaración no que se reafirman no compromiso de manter a lingua galega "viva" e "activa". "O idioma é parte do patrimonio inmaterial do pobo galego e noso deber de cidadanía responsable é coidalo, difundilo, protexelo e mantelo acotío, como unha lingua viva e activa para toda a sociedade", sosteñen.