A Consellería de Cultura da Xunta e a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski poñen en marcha por oitavo ano consecutivo a campaña Letras Galegas 2018, que encherá os Eroski Center, Autoservizos Familia e Hipermercados Eroski con medio milleiro de carteis e dous millóns de bolsas conmemorativas da autora homenaxeada, María Victoria Moreno Márquez. A iniciativa, que implica o ámbito socioeconómico na celebración do 17 de maio, arrancou oficialmente hoxe en Vilalonga, a poucos metros do IES no que a homenaxeada impartiu aulas, cun acto no que participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.