A alcaldesa de París, Anne Hidalgo, impúxose aos outros dous finalistas do I Premio Lorca, Guerra da Cal, Blanco Amor -os alcaldes de Los Ángeles, Eric Garcetti, e de Palermo, Leoluca Orlando- convocado polo Casino de Santiago en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A nova comunicouse no casino compostelán, tras destacar o bo facer dos tres rexedores en favor dos sectores máis desfavorecidos da sociedade.