Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Fran Alonso: "O reto é que Xerais se adapte aos tempos e entenda o que sucede na sociedade"

Oito días despois da renuncia de Bragado, o Grupo Anaya anunciou onte ao seu sucesor

Fran Alonso. // R. Grobas

Fran Alonso é dende onte o novo director editorial de Edicións Xerais de Galicia, segundo anunciou onte o Grupo Anaya, ao que pertence a firma. O seu nomeamente prodúcese oito días despois de que Manuel Bragado renunciara ao cargo que ocupaba dende facía 24 anos a petición propia, ainda que seguirá como asesor editorial do grupo.

Alonso non é un recén chegado xa que leva vinculado a Xerais dende 1992 e dende 2001 exercía como subdirector para a edición xeral, ocupándose principalmente da edición literaria. Entre 2006 e 2010 ocupou o cargo de vicepresidente da Asociación Galega de Editores e agora forma parte da xunta directiva. Ademais, tamén foi un dos fundadores da asociación Espazo Lectura, en 2008.

- Hoxe é un día de parabéns e bos desexos, como se atopa tras facerse pública a noticia de que está ao frente de Xerais?

-Moi ben, grazas. Están chegando ánimos de moita xente, a verdade é que sí. Estou ben pero con ese peso e responsabilidade enriba, que é moito. É un reto enorme.

- Fala de reto, cal será a partir de agora o camiño que percorrerá a editorial? Continuará coa senda marcada durante estes vintecatro anos por Bragado?

-Evidentemente o traballo que Bragado leva feito ó longo destes vintecatro anos é absolutamente inxente e pretender compararse a el é inútil. Eu non vou pretender compararme en ningún momento, intentarei buscar o meu estilo e o meu perfil e sobre todo porque cada quen ten a súa forma de ver as cousas. Levo 24 anos traballando con el e polo tanto compartimos moitísimas cousas e temos unha sintonía en común moi importante.

- Di vostede que cada un ten o seu propio estilo e, evidentemente, iso supón que cada quen ten a súa particular forma de levar as cousas. Haberá novidades con respecto a etapa xa cerrada de Xerais?

-Sen dúbida empezamos unha nova etapa e cando se comeza unha nova etapa evidentemente vai haber cambios pero éstes irán producíndose pouco a pouco e é moi importante que ao empezar unha nova etapa é inevitable que cambien tamén os aires, haberá determinadas cousas, determinadas liñas que varíen pero en todo caso xa digo que tamén temos unha sensibilidade común e polo tanto creo que o esencial da relación cos autores e autoras vai continuar igual que ata o de agora.

- Como xa lembrou tampouco é vostede un recén chegado xa que leva moitísimos anos vinculado á editorial. Cal é o seu principal obxectivo para esta nova etapa?

-O principal obxectivo é que Xerais non só continúe sendo o que é, un motor dunha envergadura impresionante no ámbito da cultura e do libro galego, senón facer que se renove de forma permanente. Eu creo que é moi importante para unha empresa editorial renovarse, ser capaz de adaptarse ós tempos e tamén ser capaz de entender o que está sucedendo na sociedade porque en definitiva o libro e a lectura son diálogos que os editores, os autores, os libreiros e todas as persoas que participamos no mundo do libro realizamos coa sociedade. Iso é fundamental para entender como debe camiñar o mundo da edición nestes tempos.

- É difícil coller un reto na situación na que está a editorial xa non só pola ameaza que supón dende fai anos o mundo dixital para o papel impreso senón por outras editoriais que buscan o seu propio espazo. É vostede optimista con respecto ao futuro de Xerais?

-Si, por suposto. O optimismo non se pode perder porque é un referente fundamental para que o motor da ilusión funcione. Pero sinceramente creo que en Galicia somos poucas editoras pero ben compenetradas. Temos unha sá rivalidade que é normal e traballamos conxuntamente desde o tecido asociativo defendendo os dereitos e o papel que realiza a industria editorial porque hai que ter en conta que estaba precisamente lendo esta mañá (por onte) o informe que acaba de sacar o Consello da Cultura Galega no que sinala que nos últimos dez anos, na década entre 2006 e o 2016, a institución pública, a Xunta deixou de apoiar nun 80 por cento o noso sector e non é unha cifra inocente senón que é moi, moi significativa.

- A saída de Bragado produciuse poucos días despois do seu regreso da Feria del Libro Infantil y Juvenil de Bolonia, en Italia, na que os editores galegos xuntáronse nun espazo financiado por eles mesmos sen apoio da Consellería de Cultura e Educación, algo que o seu antecesor no cargo criticou no seu blog persoal, criticando a "incapacidade" da Xunta para entender que o seu papel debería ser apoiar ao sector. Tratará de retomar esa mala ou ausente relación dos editores galegos coa Xunta de Galicia?

-Iso é algo que está facendo a Asociación Galega de Editores, que creo que está levando a cabo un papel fundamental de reivindicación da dignidade do sector e da súa presenza en tódolos ámbitos e foros nos que ten que participar e creo que vai máis por ahí. Nós dende a editorial evidentemente tamén o reclamaremos.

- Cando se comezarán a notar os primeiros cambios de rumbo na editorial?

-Os cambios non se poden visibilizar ao día seguinte e necesitamos un tempo de traballo e que o equipo se reorganice. É moi importante a cohesión interna, que os equipos sexan equipos que traballen con forza e moi sincronizados, moi cohesionados, repito, porque o futuro vai por ahí. A partir desa premisa empezaremos a elaborar propostas de revisión e quizais para despois do verán poidamos ter xa algúns cambios.

- Falou con Bragado tralo seu nomeamento? Lle deu algún consello?

-Si, falei esta mañá (por onte). A verdade é que simplemente estivemos solucionando cuestións de funcionamento interno. Os consellos foimos dando ao longo destes vintecinco anos nos que aprendín moito del e este xa é un momento máis de resolver pequenas cousas, de traspaso e de regulación de rutinas. Cousas así.

Compartir el artículo

stats