17 de abril de 2018
17.04.2018

Vigo acolle a presentación do segundo número da revista de estudos rosalianos

Angueira, Axeitos e Ferrín falan deste "Follas Novas" ás 20.00 horas en Andel

17.04.2018 | 03:27

"Follas Novas. Revista de estudos rosalianos" edita o seu segundo número un ano despois do seu nacemento, que foi coincidir cos 180 anos da poeta Rosalía de Castro.

Editada pola Fundación Rosalía de Castro (Padrón, A Coruña), entidade non lucrativa, "Follas Novas" naceu con vocación de incorporar un horizonte amplo, universal e de converterse nun referente dos estudos sobre a autora no ámbito internacional.

Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro; Xosé Luís Axeitos, director da revista; a escritora Ana Acuña; e o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, membro do comité científico da revista, presentarán esta tarde en Vigo, ás 20.00 horas na libraría Andel, este novo número, que se publica en formato dixital e en papel.

Entre os artigos que contén este número figuran un de Manuel Ferreiro titulado "Amizade, conexión epistolar e redes socioliterarias: Rosalía, Pondal (e Murguía)", outro do propio Axeitos sobre Manuel Barros, o cronista de Padrón.

Francisco Rodríguez escribe un texto que se titula "Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe)" e o escritor Manuel Forcadela escribe sobre o "O diálogo de María Xosé Queizán e Rosalía".

A presentación en Andel será unha sorte de coloquio entre tres dos piares da fundación desta revista anual.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine