04 de abril de 2018
04.04.2018

"Odio as mans frías" da nigranesa Silvia Camesella, distinguido pola RAG e PuntoGal

Un concurso para proxectar o galego en Internet premia cinco microrrelatos entre uns 400 textos

04.04.2018 | 14:02

Trinta e cinco palabras lle abondaron a Silvia Camesella Gesteira, natural de Nigrán, para facerse co primeiro premio do concurso de micro-relatos convocado pola Real Academia Galega e PuntoGal
O seu texto, titulado "Odio as mans frías", foi o mellor valorado polo xurado na xuntanza mantida onte na sede da RAG.

Héctor Cajaraville Araújo (Santiago de Compostela) foi recoñecido co segundo premio por "O milagre" e Ceres Serea Manso Acuña (Nigrán) conseguiu un terceiro premio con "Cousas que pasan".

Outros dous terceiros premios son para dous menores de idade: Nee Barros Fernández (Marín), de 15 anos, por "Desexo concedido", e Teo Alonso Vidal (Vigo), de tan só 10 anos, por "Unha hora".

As entidades amosaron a súa satisfacción pola alta participación rexistrada e a calidade dos textos recibidos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine