A Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ofrece hoxe un concerto benéfico en Vigo a favor de Aldeas Infantiles SOS Galicia, de axuda á infancia. A cita será no Teatro Afundación da cidade (20.00 horas) e as entradas -10 euros- poden adquirirse de xeito anticipado nas sedes de Afundación en Vigo, Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña. Hoxe estarán a disposición do público, dende unha hora e media antes do inicio do mesmo, na billetería do Teatro. A Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais está integrada por alumnos do Curso de Especialización Instrumental que tocan o violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón e a percusión.