A Real Academia Galega dedicaralle o Día Mundial da Poesía a Xohana Torres. A escritora e académica de número, falecida o pasado mes de setembro, será recordada o vindeiro 21 de marzo nun acto literario e musical no que poetas de distintas xeracións e amizades da autora lerán e comentarán desde unha perspectiva persoal fragmentos da súa obra. Guadi Galego e Guillerme Fernández poranlle música a esta homenaxe.

Tamara Andrés, Xosé Manuel Beiras, Berta Dávila, Xosé Luís Franco Grande, Margarita Ledo, Carlos Negro, Ánxeles Penas, Luz Pozo Garza, Ismael Ramos, Ánxela G. Abalo, Gustavo Pernas e Euloxio R. Ruibal recitarán e comentarán anacos de obras Xohana Torres, desde versos de "Do sulco" -o seu primeiro poemario- e un fragmento da obra teatral "Da outra banda do Iberr" (Premio Castelao en 1966) ata poemas de "Estacións ao mar" (Premio da crítica española en 1981) e "Tempo de ría" (1992).