O programa A Revista Fin de Semana da TVG recibirá a visita do arquitecto, navegante e aventureiro coruñés Jorge Pena, que ven de converterse no primeiro español en culminar con éxito a Talisker Whisky Atlantic Challenge, unha das probas máis duras do mundo, consistente en cruzar o océano Atlántico a remo. Tras case dous meses remando en solitario, debido ao abandono do seu compañeiro, o pasado día 11 rematou a fazaña.