Aproveitando a capacidade de influencia que teñen os youtubers, o proxecto "Youtubeir@s" pretende impulsar a normalización do galego. En busca de youtubers que falen galego, esta iniciativa celebra a súa segunda edición, organizada polos servizos de normalización lingüística de nove concellos, polas universidades de Vigo , Compostela e A Coruña e pola Deputación da Coruña.

Pode optar a estes galardóns --5.500 euros en total-- todo aquel maior de 14 anos que queira transmitir algún coñecemento ou opinar sobre algún asunto de interese a través de vídeos autoproducidos subidos a Youtube de forma independente ou nunha canle e despois do 28 de abril de 2017.