Pontevedra é unha das cidades con maior personalidade de Galicia, por moitos motivos é tamén polo pesqueiros. Pode que non se pense moito na cidade do Lérez como enclave pesqueiro, pero o programa "Pescadores de historias" mostrará hoxe que o mundo do mar tamén dota de singularidade a Pontevedra, cidade principal dunha ría ben vizosa.

A serie documental de TVG producida por Producións Celtas e dirixida e presentada por X.H. Rivadulla Corcón llega nesta ocasión ao porto de Campelo onde o marisqueo é a actividade máis destacada. Esta pecularidade de que o porto de referencia da Confraría de Pontevedra estea en Campelo, no concello de Poio, en lugar do propio concello de Pontevedra débese a cuestións de operatividade, porque as zonas marisqueiras atópanse máis preto de Campelo.

Nesta entrega, que se emite a partir das 15.30 horas na canle autonómica, un dos protagonistas será o Patrón Maior, César Rodríguez, que explicará que a especie que mais se colle, tanto a flote como a pé, é a ameixa babosa, pero tamén hai fina e xapónica, e aínda que escasea o berberecho tamén se colle pero en pequena cantidade.

Na ribeira ademáis traballa Peregrina Muñiz, que leva xa gastados moitos rastrillos e ganchas, as ferramentas propias do marisqueo. Peregrina está próxima a xubilación, e a pesar de ter gañas de chegar ao tempo do descanso sabe que vai botar de menos o traballo na ribeira. Porque esta activade é, para ela, máis que un traballo, é unha forma de entender a vida.