O acto de Club FARO DE VIGO en Tui contou coa presencia entre o público da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada tamén polos deputados provinciais David Regades e Santos Héctor.

Foi precisamente a mandataria provincial quen abriu as intervencións do público para abogar pola coordinación entre as administracións públicas que teñen algunha responsabilidade no territorio polo que cruza o camiño.

"Entendo -dixo a presidenta- que o Camiño de Santiago é o elemento máis importante que temos para pór en valor a nosa terra". Silva engadiu que o camiño é un elemento vertebrador e como tal "a coordinación é fundamental", tamén dixo que "precisamos saber onde queremos ir".

Carmela Silva felicitou tanto a intervención de Rubén Riós como a de Tono Mugico "porque foi extraordinaria, polo contido e pola forma de transmitilo".

A súa intervención foi aproveitada polo alcalde Enrique Cabaleiro para amosar que moitas veces "dende os máximos responsables actúase con falta de rigor".

Sinalización

As intervencións do público foron variadas, algunha delas para criticar "que se inventen camiños por onde non estaban" ou tamén para apuntar a posibilidade de que "o Plan Director do Camiño Portugués se faga dende un despacho", como cuestionou un asistente.

A falla de sinalización axeitada, notouse como outra das peocupacións do público, ou o descoñecemento da propia normativa do camiño que obriga a unhas determinadas normas.