| O Tanatorio Vigo Memorial acolleu un acto de despedida da poeta Xohana Torres, que finou o martes en Vigo aos 85 anos, no que compañeiros e compañeiras da Real Academia Galega (RAG) e amizades da escritora acompañaron a súa familia. Asistiu á homenaxe o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, o escritor Xesús Alonso Montero, as académicas Fina Casalderrey, Marilar Aleixandre -que leron algúns dos seus poemas- e Chus Pato. No acto tamén tomaron a palabra o editor Francisco Castro, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez e ás portas do tanatorio, o editor e xornalista Xan Carballa recitou un poema dun novo libro de Xohana Torres que se publicará postumamente.