13 de septiembre de 2017
13.09.2017
LOITO NA CULTURA GALEGA

Morre en Vigo Xohana Torres, unha das voces máis destacadas das letras galegas

A autora de "Adiós María" era académica da Real Academia Galega desde 2001

13.09.2017 | 08:28

A escritora e poeta Xohana Torres, nacida en Santiago de Compostela en 1931, finou onte en Vigo aos 85 anos de idade. A súa é unha das voces máis destacadas das letras galegas contemporáneas que medraron na posguerra, cuxa obra abrangue a poesía, a narrativa, o ensaio e a literatura infantil. A autora contribuíu co seu labor como escritora, mais tamén outros espazos como o radiofónico, á reconstrución cultural de Galicia e á defensa da súa lingua. O seus restos serán velados no tanatorio Vigomemorial e logo serán incinerados na intimidade familiar.

Xohana Torres naceu en Compostela o 22 de novembro de 1931 e criouse en Ferrol, onde estaba destinado como mariño o seu pai, pero as súas raiceiras están tamén nas terras do Avia, onde a súa avoa materna, Lola, lle aprendeu a fala galega máis íntima e a cultura popular.

A ela está dedicado o derradeiro libro de Xohana Torres, Elexía a Lola (2016), unha versión ampliada e enriquecida da homenaxe que xa lle rendera en Estación ao mar (1980). A edición inclúe un anaco de Eu tamén navegar, o discurso co que Xohana Torres ingresou na RAG como académica de número no ano 2001, cando entrou a proposta de Xosé Luís Méndez Ferrín e Salvador García-Bodaño. Precisamente esa frase está presente nos seus derradeiros momentos, converténdose no hashstag na súa honra nas redes sociais. "Tamén era una filla do mar", destacou onte Xosé Luis Méndez Ferrín sobre a relación da autora coa navegación.

A vocación literaria de Xohana Torres manifestouse cedo. Animada por Ricardo Carballo Calero, o seu profesor de Historia e Literatura no bacharelato, publicou en 1953 un dos seus poemas, Nai, na revista Aturuxo, máis adiante recollido no seu primeiro libro.

En 1955 recibiu o primeiro premio de poesía da Asociación da Prensa de Vigo, que compartiu con Celso Emilio Ferreiro, por outro poema, A nosa primavera: toxos, e en 1957 publicou o seu primeiro libro, Do sulco (1957), que inaugurou a colección de poesía Illa Nova de Galaxia, creada inicialmente para acubillar as novas voces das letras galegas.

Ese mesmo ano, estudiou Filosofía y Letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde intensificou o seu apego pola lingua.

Como poeta, pertenceu á xeración das Festas Minervais. Na súa obra teatral, vinculada ao grupo Teatro Estudio, para o que escribiu Un hotel de primeira sobre o río, co que consegiu o Premio Castelao de Teatro galego en 1966. En 1972 recibiu o Premio Pedrón de Ouro pola súa labor cultural en pro da Galia.

Como poeta, publicou tamén Estación ao mar (1980), Premio da Crítica española en 1981, Tempo de ría (1992) e Poesías reunidas (1957-2001), así como Elexía a Lola (2016). Como dramaturga, cómpre salientar as súas contribucións ao teatro da posguerra con A outra banda do Iberr (1965), gañadora do Premio Castelao do Teatro Galego da Agrupación Cultural O Galo, e mais Un hotel de primeira sobre o río (1968). Asinou tamén a novela Adiós, María (1971), Premio Galicia do Centro Galego de Buenos Aires, e, xa no eido da literatura infantil, Polo mar van as sardiñas (1968) e Pericles e a balea(1984), segundo a lembranza biográfica que fai da autora a propia institución académica.

A Real Academia Galega expresou onte o seu fondo pesar. "A autora contribuíu co seu labor como escritora, mais tamén outros espazos como o radiofónico, á reconstrución cultural de Galicia e á defensa da súa lingua", suliñou a RAG.

O escritor e intelectual Xosé Luis Méndez Ferrín amosou onte o seu profundo pesar e tristura ante o pasamento dunha amiga. "Era a miña amiga, nosa compañeira, camarada e poeta importantísima da miña xeración; estou moi triste", recoñeceu. "Xohana Torres ten unha presenza de liderado", engadiu. "Ferrolana de nacemento, elixiu Vigo para vivir e escolleu Vigo para morrer", expresou. "A novela de Xohana Torres, Adiós, María, que é magnífica, é a grande novela do Vigo proletario, aínda que non estea mencionado e que Vigo ignora", quixo destacar Ferrín.

Tamén enxalzou a "creadora en galego" e lamentou que fora menos atendida como creadora teatral. "Ningún grupo teatral galega representou obras dela, como A outra banda do Iberr, ou mais Un hotel de primeira sobre o río, reclamou o literato. Que presten atención ao teatro de Xohana Torres", concluíu.

O avogado Nemesio Barxa, bo coñecedor da obra de Torres e amigo, amosábase fondamente apenado. "Calquera cousa que diga dela quédase curta", apuntaba a FARO. El adoitaba visitar con frecuencia a poeta na residencia na que dende hai menos de dous anos se atopaba en Vigo. "Comigo, tiña moita confianza e dicíame que estaba encantada de estar alí. Falabamos de escritoras e escritores galegos, dos libros que saían. Estaba moi activa na súa vida intelectual". En canto á súa obra, o letrado reafírmase na frase de que Xohana Torres segue sendo "a poeta intimista máis importante en lingua galega".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

selectividad 2017 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias



CINE


La cinta 'Feliz Navidad' de 2005
Cinco películas para celebrar el Día Internacional de la Paz

Cinco películas para celebrar el Día Internacional de la Paz

Las consecuencias de las guerras es el argumento de numerosas películas rodadas en todo el mundo

´Jacques´: Biopic de Cousteau con estímulos

´Jacques´: Biopic de Cousteau con estímulos

Por encima de todo es un homenaje a la figura de un visionario, un científico y aventurero

Linda Hamilton regresa a ´Terminator´

Linda Hamilton regresa a ´Terminator´

La actriz, que dio vida a Sarah Connor en las dos primeras películas, regresará a la saga de acción

Leticia Dolera y Anne Igartiburu presentarán la inauguración del Zinemaldia

Leticia Dolera y Anne Igartiburu presentarán la inauguración del Zinemaldia

La 65 edición del Festival Internacional de Cine de San Sebastián arranca el próximo viernes


´Ali & Nino´: Entre el drama épico y el romance

´Ali & Nino´: Entre el drama épico y el romance

Sin ser una película redonda, ofrece una cierta sensibilidad y un tratamiento correcto de los hechos...

´IT´: Las 6 grandes diferencias entre la película y la novela de Stephen King

´IT´: Las 6 grandes diferencias entre la película y la novela de Stephen King

La nueva revisión del clásico se ha colado entre las mejores adaptaciones del prolijo autor

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Cultura

Una imagen de la representación. // FdV
Intépretes de la ESAD y pianistas del Conservatorio de Vigo representan "En defensa de Satie"

Intépretes de la ESAD y pianistas del Conservatorio de Vigo representan "En defensa de Satie"

Catorce actores y actrices y dos músicos escenifican hoy el trabajo de integración pedagógica de...

Muere José Salcedo, montador de las películas de Pedro Almodóvar

Muere José Salcedo, montador de las películas de Pedro Almodóvar

El cineasta, fallecido a los 68 años, ganó tres Goyas y trabajó desde 1980 a las órdenes del...

Salvador Sobral, ingresado en Lisboa en estado grave

Salvador Sobral, ingresado en Lisboa en estado grave

El ganador del último festival de Eurovisión necesita urgentemente un trasplante de corazón

Vetusta Morla publicará el 10 de noviembre su cuarto disco

Vetusta Morla publicará el 10 de noviembre su cuarto disco

El trabajo lleva por título 'Mismo sitio, distinto lugar' y es uno de los lanzamientos más esperados

Fallece el actor Harry Dean Stanton a los 91 años

Fallece el actor Harry Dean Stanton a los 91 años

El intérprete protagonizó infinidad de papeles, el último en la tercera temporada de 'Twin Peaks'

´Perro fiel´, el nuevo vídeo de Shakira con Nicky Jam

´Perro fiel´, el nuevo vídeo de Shakira con Nicky Jam

Está filmado en Barcelona y supone la primera colaboración entre ambos artistas

Enlaces recomendados: Premios Cine