12 de septiembre de 2017
12.09.2017

Adeus a Xohana Torres

A poeta e académica finou esta tarde en Vigo

12.09.2017 | 22:35
Adeus a Xohana Torres

A escritora e académica da RAG, Xohana Torres, nacida en Santiago de Compostela en 1931, finou esta tarde en Vigo aos 85 anos de idade.

A súa é unha das voces máis destacadas das letras galegas contemporáneas que medraron na posguerra, cuxa obra abrangue a poesía, a narrativa, o ensaio e a literatura infantil.

A autora contribuíu co seu labor como escritora, mais tamén outros espazos como o radiofónico, á reconstrución cultural de Galicia e á defensa da súa lingua.

O seus restos serán velados no tanatorio Vigomemorial e logo serán incinerados na intimidade familiar.

Xohana Torres naceu en Compostela o 22 de novembro de 1931 e criouse en Ferrol, onde estaba destinado como mariño o seu pai, pero as súas raiceiras están tamén nas terras do Avia, onde a súa avoa materna, Lola, lle aprendeu a fala galega máis íntima e a cultura popular. 

A ela está dedicado o derradeiro libro de Xohana Torres, Elexía a Lola (2016), unha versión ampliada e enriquecida da homenaxe que xa lle rendera en Estación ao mar (1980).

A edición inclúe un anaco de Eu tamén navegar, o discurso co que Xohana Torres ingresou na RAG como académica de número no ano 2001, cando ingresou a proposta de Xosé Luis Méndez Ferrín e Salvador García-Bodaño. Precisamente esa frase está presente nos seus derradeiros momentos.

A vocación literaria de Xohana Torres manifestouse cedo. Animada por Ricardo Carballo Calero, o seu profesor de Historia e Literatura no bacharelato, publicou en 1953 un dos seus poemas, "Nai", na revista Aturuxo, máis adiante recollido no seu primeiro libro.

En 1955 recibiu o primeiro premio de poesía da Asociación da Prensa de Vigo, que compartiu con Celso Emilio Ferreiro, por outro poema, "A nosa primavera: toxos", que compartiu con Celso Emilio Ferreiro, e en 1957 publicou o seu primeiro libro, Do sulco (1957), que inaugurou a colección de poesía Illa Nova de Galaxia, creada inicialmente para acubillar as novas voces das letras galegas.

Ese mesmo ano, estudiou Filosofía y Letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde intensificou o seu apego pola lingua. 

Como poeta, pertenceu á xeración das Festas Minervais. Na súa obra teatral, vinculada ao grupo Teatro Estudio, para o que escribiu "Un hotel de primeira sobre o río", co que consegiu o Premio Castelao de Teatro galego en 1966. En 1972 recibiu o Premio Pedrón de Ouro pola súa labor cultural en pro da Galia. 

Como poeta, publicou tamén Estación ao mar (1980), Premio da Crítica española en 1981, Tempo de ría (1992) e Poesías reunidas (1957-2001), así como Elexía a Lola(2016). Como dramaturga, cómpre salientar as súas contribucións ao teatro da posguerra con A outra banda do Iberr (1965), gañadora do Premio Castelao do Teatro Galego da Agrupación Cultural O Galo, e mais Un hotel de primeira sobre o río (1968). Asinou tamén a novela Adiós, María (1971), Premio Galicia do Centro Galego de Buenos Aires, e, xa no eido da literatura infantil, Polo mar van as sardiñas (1968) e Pericles e a balea(1984), segundo a lembranza biográfica que fai da autora a propia institución académica.

O Concello de Santiago celebrou este ano o I Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual co que foi galardonada a escritora María Reimóndez co seu traballo "Corpos exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora feminista, en diálogo con Erín Moure".

 

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Cultura

El cantante galés Tom Jones.
Tom Jones revela que sufrió acoso sexual en sus incios

Tom Jones revela que sufrió acoso sexual en sus incios

El cantante explica que eso es algo que "siempre ha ocurrido" en la industria de la música y el cine

Isabel Pantoja va en serie

Isabel Pantoja va en serie

La tonadillera da su visto bueno a una producción autobiográfica que mostrará a la mujer...

Juanes lanza una canción contra el suicidio

Juanes lanza una canción contra el suicidio

"La música tiene el poder de curar las heridas del alma", dice el cantante colombiano

Muere Roy Dotrice, el actor más viejo de la serie ´Juego de Tronos´

Muere Roy Dotrice, el actor más viejo de la serie ´Juego de Tronos´

El intérprete británico daba vida al personaje de Wisdom Hallyne - Ha fallecido a los 94 años

Dan Brown: "Tengo fe en nuestra capacidad de preguntarnos"

Dan Brown: "Tengo fe en nuestra capacidad de preguntarnos"

El escritor norteamericano presenta su última novela, 'Origen', "una carta de amor a España"

Aramburu, Premio Nacional de Narrativa 2017 por ´Patria´

Aramburu, Premio Nacional de Narrativa 2017 por ´Patria´

El jurado destaca la obra por "la profundidad de los personajes" y su "tensión narrativa"

CINE


Morgan Freeman.
Morgan Freeman interpretará al exsecretario de Estado Colin Powell

Morgan Freeman interpretará al exsecretario de Estado Colin Powell

El mítico actor protagonizará una película biográfica sobre esta importante figura de la política...

Lena Headey también fue víctima de Harvey Weistein

Lena Headey también fue víctima de Harvey Weistein

La protagonista de 'Juego de Tronos' confiesa sus desagradables experiencias con el productor

Marisa Paredes, Goya de Honor 2018

Marisa Paredes, Goya de Honor 2018

Recibirá el premio por "una prolífica y prolongada carrera, trayectoria que mantiene con absoluto...

´La suerte de los Logan´: Feliz regreso de Soderbergh

´La suerte de los Logan´: Feliz regreso de Soderbergh

Película centrada en un atraco, con ingredientes que encajan con el policiaco más clásico


 Cómo conseguir las entradas de la ´Fiesta del Cine´ y cuatro películas para ver

Cómo conseguir las entradas de la ´Fiesta del Cine´ y cuatro películas para ver

Desde este lunes 16 hasta el miércoles 18 disfruta de las mejores ficciones a 2,90 euros

Así envejecen las estrellas de cine

Así envejecen las estrellas de cine

Descubre cómo les han sentado los pasos de los años, y en muchos casos, las operaciones estéticas

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Enlaces recomendados: Premios Cine