Mariñeiros da ría de O Hío e Aldán, no Concello de Cangas, adoitaban embarcar rumbo a caladoiros afastados levando os seus instrumentos musicais, gaitas e percusión que soaron en todas as latitudes mariñas, onde eles chegaban. Hoxe, aqueles pescadores tocan xuntos como Os Gaiteiros do mar e a súa historia será unha das protagonistas de "Pescadores de Historias", o programa que emite hoxe a TVG, ás 15.30 horas.

En "Os Gaiteiros do mar", as gaitas tócanas Manuel Sotelo e Lito Gago, mentras que o tamboril correspóndelle a Feliciano de Vilanova; o bombo a Manolo Martínez e a percusión a Peix de Aldán.

"O inicio real da súa historia foi no ano 1973 cando, a bordo do pesqueiro Ría de Aldán , no mar do Gran Sol, gravouse unha cinta de radiocasete, que aínda se conserva" e que se escoitará no programa, sinalan os encargados do mesmo.

Esa cinta de radiocasete gravada no Gran Sol "é a proba de que as gaitas e as percusións galegas soaron no mar do Gran Sol, e dá noticia de que tamén soaron noutros caladoiros como Terranova, Canarias e Marrocos, e mesmo nas costas africanas", engaden.