O programa "Grandes Orquestras de Galicia" da Televisión de Galicia (TVG) estará hoxe dedicado á París de Noia, formación que, con máis de seis décadas de traxectoria nos campos da festa, prazas e pavillóns de toda comunidade galega, achegan este verán unha conxunción de baile, música e espectáculo que semella imposible. Os seus cantantes, músicos e bailaríns non teñen ningún medo ás alturas e combinan os temas máis escoitados deste verán cos éxitos de onte e de hoxe ao son dun ritmo imparable e unha posta en escena impactante. Nesta edición de Grandes Orquestras de Galicia os espectadores saberán de primeira man que ocorre nos camerinos da París de Noia. O programa da canle autonómica falará co seu líder, Blas, que a causa dunha lesión non pode actuar pero que acompaña a orquestra en todas e cada unha das súas actuacións.