A décimo cuarta edición do CeMAC -un curso de medios audiovisuais de verán da Universidade de Vigo e a Fundación Carlos Casares- é xa un referente na formación audiovisual galega, segundo os organizadores, xa que acaba de colleitar "este ano a participación foi a máis alta de toda a súa historia".

Baixo o título "A obra audiovisual. Suma de talentos", entre os participantes tamén se contou con profesionais do ensino. Levouse a cabo a presentación de" Van a cargo da súa equipa", formada na parte técnica por estudantes de Comunicación Audiovisual do campus de Pontevedra e na parte actoral por estudantes da Escola Superior de Arte Dramática. A curtametraxe, de18 minutos e dirixida polas alumnas Claudia Alonso e Cristina Burgos -e producida por Cecilia Gil e Laura Pena- conta a historia de Unai e Gabi, dous amigos que emprenden unha road movie na súa furgoneta. A curta rodouse en diferentes localizacións da provincia de Pontevedra, como Tomiño, Oia, Nigrán e Baiona.

Esta edición foi sen dúbida contou coa clase maxistral da equipa do filme "Dhogs", na que os alumnos comprenderon as dificultades de realizar unha película ata a fase de distribución. Participaron Diana López (guionista), Antonio Durán Morris (actor) ou Gaspar Broullón (produtor).

Tamén o director de fotografía, Fernando Jover, impartiu unha clase maxistral, con moi boa aceptación do público.

O CeMAC estivo marcado tamén pola pegada de Carlos Casares, homeaxeado este ano nas Letras Galegas. Sobre a súa obra e a relación arredor do cine falaron Miguel Anxo Fernández, e os asistentes, que participaron na práctica de idear un guión para a súa novela" Ilustrísima", inspirada na época da chegada do cinematógrafo a Ourense, impartida por Ángel de La Cruz.