Javier Marcos: "Será unha actuación coa igualdade de xénero como pano de fondo"

O grupo vigués interpretará o seu último disco, "Ten Dez", con clásicos de Sinatra, Caetano Veloso y José Afonso

04.07.2017 | 04:55
Javier Marcos. // FdV

Javier Marcos (Vigo, 1969) é unha voz sensible que foi mudando dende o punk hardcore da movida viguesa dos oitenta, ata o cool jazz máis intimista. Como parte da 13ª edición do festival de jazz de Vigo Imaxinasons, Javier Marcos Quinteto actuarán hoxe ás 22.30 na Casa de Arriba. Integrada por Rosolino Marinello no saxo tenor e clarinete baixo, Felipe Villar na guitarra, José Manuel Díaz ao contrabaixo, e David Puime á batería, a banda interpretará unha recompilación de arranxos de clásicos en inglés en portugués.

-Coa autoridade que dá ser unha das poucas voces do jazz en Galicia, como valoras o panorama actual da industria deste estilo na túa terra?

-Coido que está ben nutrida actualmente. Cada vez hai máis demanda por parte do público, máis músicos e, polo tanto, tamén máis escolas. Proba diso son os trece anos que o Seminario de Jazz de Pontevedra leva sendo un referente musical en Galicia. Ademais, a metade dos músicos que se moven por aquí son licenciados ben pola Musikene de Donosti, ben pola Escola Superior de Musica e Artes do Espectaculo de Oporto (ESMAE), que non é pouco.

-Ten futuro o jazz en Galicia?

-Polo menos a escena é cada vez máis rica. Pero claro as jams (sesións de improvisación), que é onde se traballa e se medra, van e veñen, iso si, concertos non hai demasiados. Quizais A Casa de Arriba estea recollendo o relevo do recentemente pechado Xancarajazz, o Manteca, ou o Malecón, que fixeron moito polo jazz galego na nosa cidade.

-O teu álbum "Ten Dez" autoeditáchelo. Hai outra maneira de conseguir sacar un disco sendo un artista dun xénero non tan xeneralista?

-Seguramente non, a non ser que veña unha multinacional e aposte por ti. Pero en principio a escena non é moi grande e, aínda que creo que estamos na boa dirección, queda moito que roer, moito por medrar.

-Neste disco interpretas grandes standars do jazz, fuxes do ego do artista?

-Máis que do ego quizais fuxa do divismo. Aposto pola irmandade. No mundo da música hai moita competitividade, pero en definitiva a escena creámola todos. Que toquemos sempre os mesmos non nutre o panorama, o que o nutre é mirar polo ben común e ofrecer variedade á hora de facer concertos.

-Entre estes clásicos está "O leaozinho" de Caetano Veloso. Que te leva a achegarte á bossa nova?

-É difícil de explicar. Eu facía punk hardcore nun grupo mítico vigués hai máis de 20 anos, pero a banda foi evolucionando cara un rock máis duro, algo máis metal, pero a miña personalidade non me permitía pasar por aí. O meu carácter era máis tranquilo e funme realizando en estilos máis intimistas como o cool jazz ou a bossa nova. Quizais tamén teña máis que ver coa liberdade de poder facelo, o feito de non estar preso por ningún contrato, nin por ninguna discográfica.

-Que se vai atopar a xente que vaia hoxe ás 22.30 á Casa de Arriba?

-Tocaremos o álbum que gravei hai xa case dous anos. Un disco con temas clásicos do jazz, aínda que seguramente propoña unha mirada algo máis actual sobre o amor, sobre o que significa quererse ben. Será unha actuación de corte social, coa igualdade de xénero como pano de fondo.

-Como se pode actuar dende unha perspectiva de igualdade de xénero?

-Realmente presento os temas como o que son: cancións de amor bonitas. Pero pretendo reflexionar sobre o que é quererse ben, fuxindo da posesión do amor romántico. Aínda que os clásicos veñan de aí, esta pretende ser unha visión máis renovada. Interpretar as mesmas pezas pero cun enfoque máis acorde ao noso tempo. A idea é que a xente aprecie o jazz dentro do abanico de estilos que nel conflúen.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2017 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias



CINE


'Los Gremlins' tendrán una tercera parte.
Los ´Gremlins 3´ será mucho más "retorcida y oscura"

Los ´Gremlins 3´ será mucho más "retorcida y oscura"

Chris Columbus, director y creador de las míticas criaturas, asegura que ya tiene lista la...

Sharon Stone, 25 años después de ´Instinto Básico´

Sharon Stone, 25 años después de ´Instinto Básico´

El film de Paul Verhoeven llega al cuarto de siglo con la misma sensualidad con la que se estrenó

´Star Wars´ prepara una película sobre Obi-Wan Kenobi

´Star Wars´ prepara una película sobre Obi-Wan Kenobi

El personaje del jedi tendrá cinta propia, aunque todavía no hay ni actores contratados ni guion

´The Wife´, de Glenn Close, clausurará el Zinemaldia

´The Wife´, de Glenn Close, clausurará el Zinemaldia

La película, que se proyectará fuera de concurso, servirá para cerrar la Sección Oficial del...


Apple planea invertir en series y películas

Apple planea invertir en series y películas

La compañía reserva 1.000 millónes de dólares a esta nueva actividad y competirá en Hollywood

´Verano 1993´, ´Abracadabra´ y ´Los últimos de Filipinas´, precandidatas a los Oscar

´Verano 1993´, ´Abracadabra´ y ´Los últimos de Filipinas´, precandidatas a los Oscar

El 7 de septiembre se conocerá la cinta definitiva para representar a España en los galardones

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Cultura

Jerry Lewis.
Jerry Lewis, un payaso único de Hollywood

Jerry Lewis, un payaso único de Hollywood

El cómico era único a la hora de inventar brillantes gags de todo tipo y único probando muecas...

Adiós a la artista que no se mordía la lengua

Adiós a la artista que no se mordía la lengua

La actriz ha fallecido a los 88 años, dejando tras de sí el rastro de su energía y el recuerdo de...

El cómico y activista Dick Gregory muere a los 84 años

El cómico y activista Dick Gregory muere a los 84 años

Richard Claxton rompió barreras raciales en los años 60 satirizando la segregación y la injusticia...

Muere Alfonso Azpiri, referente del cómic español

Muere Alfonso Azpiri, referente del cómic español

El ilustrador, de 74 años, ha publicado en diferentes países y ha sido distinguido con varios...

Cuarenta años sin Groucho Marx, el genio de la comedia

Cuarenta años sin Groucho Marx, el genio de la comedia

En 1977, el artista fallecía a los 86 años en una clínica de Los Ángeles a causa de una neumonía

El Día Mundial de la Fotografía quiere reunir miles de fotos

El Día Mundial de la Fotografía quiere reunir miles de fotos

Fue un 19 de agosto de 1839 cuando se hizo público que se había inventado la fotografía en París

Enlaces recomendados: Premios Cine