| Galicia, simbólicamente representada nos persoeiros anónimos da cultura, política e movimento social de loita contra a discapacidade e en favor dos desfavorecidos, acudiu onte a Vigo para dar o último adeus a Alfonso Zulueta de Haz, pensador galeguista e notario que finou esta semana na cidade olívica. Membros de Galaxia, Fundación Penzol, Sálvora, Juan XXIII ou da editorial SEPT, entre outras entidades, amosaron o seu pesar á familia, especialmente á viúva. O enterro tivo lugar no cemiterio de Pereiró tras unha liturxia no tanatorio -a esquerda, o alcalde Abel Caballero, saúda ó presidente da RAG, Víctor Freixanes-. A dereita, a viúva Mª Teresa Rodríguez (2ª d.) no funeral na Iglesia de los Apóstoles de Vigo.