"É unha das obras cumio da historia humana; a teoría máis rupturista e o último modelo que permite explicar o universo". Con estas palabras, o físico galego Jorge Mira califica o "reto" da tradución ao galego da "Teoría da relatividade", da que foi coordinador da edición e revisor da tradución.

O Consello da Cultura Galega (CCG) presenta mañá esa primeira tradución ao galego da obra de Albert Einstein “Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral (de fácil comprensión)”.

Estarán presentes Ramón Villares, presidente do CCG e os responsables desta edición, Francisco Díaz-Fierros e Jorge Mira.

A tradución desta obra fundamental que inclúe dous estudos -un deles introductorio- e que sitúan a relevancia desta teoría no contexto global e a súa recepción en Galicia. A traductora contratada para tal efecto foi Patricia Buján.