"Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse como unha amorosa autofonía (...). A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor", explicaba María Victoria Moreno en 1993 no congreso Poetas alófonos en lingua galega. Unha mostra de como quedou prendada dun idioma e unha literatura allea a súa lingua natal cando chegou a comunidade con 22 anos.

A as súas clases semiclandestinas para ensinar galego -"en 1975 retiráronlle o pasaporte por este motivo", explicou onte Xesús Alonso Montero- e as oficiais en institutos de Lingua castelá, engádese unha amplia produción de obras en galego.

Comezou con Mar adiante en 1975 dirixido os máis novos da casa. No 1985, gañaría o terceiro premio O Barco de Vapor con Leonardo e os fontaneiros. Seguiríalle Anagnórise e Gedellas de seda e liño (1999). Esta última entrou na prestixiosa listaxe internacional de White Ravens 2002.

Con Diario da luz e sombra (2004), xiraría cara o ensaio, falando do cancro, unha enfermidade que acabaría coa súa vida un ano despois e fronte á que pediu dignidade e ter dereito a sentirse mal ou non parecer bonita, nun berro polo respeto ós doentes.

Pero a súa obra vai más aló e foi coautora de varios libros de texto que aínda son de consulta obrigada. De feito colaborou en manuais como Literatura galega. Século XX, As linguas de España ou Verso e prosa.

"Foi unha grande da literatura galega e ademais cando se faga a historia do apostolado da lingua galega, ela terá que protagonizar un capítulo esencial", sinolou Alonso Montero, promotor da candidatura de Moreno.