28 de mayo de 2017
28.05.2017

"Pescadores de historias" visita hoxe na TVG o porto coruñés de Lira

X.H. Rivadulla Corcón degustará unha caldeirada de maragota e pinto nese enclave

28.05.2017 | 02:29

O programa da TVG Pescadores de historias visita hoxe o porto de Lira, no concello coruñés de Carnota. Alí estará Andrés Domínguez que sae á pesca de maragota e pinto, moi bos peixes da zona xa que se crían nos fondos rochosos desta costa. Non obstante, isto tamén fai que sexa unha captura perigosa, por ter que arrimar tanto os barcos ás rochas.

O espazo da canle autonómica tamén estará coa peixeira Mari Carmen, que vende polas estradas de Carnota e di que este oficio hoxe é máis difícil pola competencia de venda ambulante. Esta muller fala dende a experiencia, xa que leva anos de porta en porta por todas as estradas do concello. X.H. Rivadulla conversará, ademáis, con Benedicta Saborido, unha muller que pasa dos oitenta anos e que dedicou toda a súa vida ao marisqueo. Deixou a profesión cando o corpo xa non lle permitía continuar.

No restaurante

Por outra banda, o espazo estará no restaurante Doña Teresa; alí falarán con Pepe Freira, un mariñeiro retirado que traballou en mares de todo o mundo e que hoxe se dedica á pesca deportiva de forma profesional, alugando a súa embarcación para levar xente a pescar. O propietario do restaurante, Tono Saborido, estivo moitos anos na emigración nos Estados Unidos de América, onde viviu de preto a traxedia das Torres Xemelgas, o cal o levou volver para Carnota. Tono cociñará ante o programa unha caldeirada de pinto e maragota.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

CINE


Nominaciones a los Oscars 2018
Nominados a los Oscars 2018: ¿Cuándo se anuncian?

Nominados a los Oscars 2018: ¿Cuándo se anuncian?

El mayor evento cinematográfico del año se celebrará el próximo 4 de marzo en Los Ángeles

Los estrenos de la semana: Llega lo nuevo de Spielberg

Los estrenos de la semana: Llega lo nuevo de Spielberg

Regresa con 'Los papeles del Pentágono', protagonizada por Tom Hanks y Meryl Street

Las mejores películas de Tom Hanks

Las mejores películas de Tom Hanks

Desde 'La milla verde' hasta 'Forrest Gum', repasamos los grandes éxitos del actor

Kevin Spacey, acusado de una tercera agresión sexual

Kevin Spacey, acusado de una tercera agresión sexual

Un hombre anónimo ha denunciado a Scotland Yard que fue víctima de los abusos del actor en 2005


Brigitte Bardot critica a las actrices que "provocan" para obtener un papel

Brigitte Bardot critica a las actrices que "provocan" para obtener un papel

La estrella del cine en los 50 califica de "ridículas" la mayoría de denuncias sobre acoso sexual

Muere Hugh Wilson, director de ´Loca Academia de Policía´

Muere Hugh Wilson, director de ´Loca Academia de Policía´

El escritor y cineasta fue el creador de series como 'El local de Frank' o 'Radio Cincinnati'

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine