Con mente áxil, Antía Cal falou da "dignidade do mestre", antes de dar comezo ao acto. Dirixíndose ás xornalistas lembrou, en concreto, aquelas profesoras da posguerra cuxo recordo quedou gravado en varias xeracións de estudantes. Porén, a mestra defendeu a formación do docente, como base dun bo ensino. "Eu tiven que ir a Barcelona once anos", defendeu. "Un maestro bo é un regalo, a min ilumináronme". Durante o seu discurso a fundadora da Escola Rosalía de Castro, colexio referente de renovación pedagóxica que incluía etapa infantil cando ninguén en España pensou que fora importante ir áclase antes dos sete anos, sacou á palestra ao seu viúvo, o oftalmólogo vigués Antón Beiras. "O Vigoscopio é un invento que está parado, pero sairá adiante, como Fleming descubrira a penicilina antes de que se usara de forma masiva pola guerra", destacou. Aproveitando a "receptividade" do auditorio -xustificou a mestra- aproveitou para defender o sistema de terapia contra o estrabismo desenvolvido por Beiras co nome de Vigoscopio. Un dos seus catro fillos, Antón Beiras, asistiu ao acto desde o público e, ao peche do mestre, fundiuse nun tenro abrazo coa súa nai. Antía Cal, á que todos chamaban "Tita", navegou polos meandros da súa memoria ata a orixe do seu nome, asunto de divertidas anécdotas. Precisamente, foi a confusión dun profesor da Universidade de Santiago, que lle chamou "Anita", o que espertou o orgullo polo seu nome, logo de que un estudioso lle revelara que Antía é o xenitivo grego que signgicia "nome proio das flores". E con flores, tamén, descobriu a súa placa.